Estudos de viabilidade |

A viabilidade de cada unha das alternativas inclúe a análise das debilidades e vantaxes de cada unha das tecnoloxías, así coma os criterios utilizados para seleccionar unha alternativa sobre as demais, o que permitirá un correcto asesoramento ao cliente para escoller a alternativa idónea ás súas necesidades.
Resolve Enerxía, S.L. realiza estudos de viabilidade no sector enerxético, tanto nas enerxías renovables, como na eficiencia e no aforro enerxético. Os estudos abarcarán aspectos técnicos, económicos, medioambientais e lexislativos, analizando globalmente os principais condicionantes.
Existe na actualidade unha grande variedade de sistemas enerxéticos a analizar: coxeración, enerxía solar, enerxía eólica, acceso a redes, biomasa, hidróxeno, biocombustibles, eficiencia, aforro enerxético, etc...