Estudos de recurso
Estudos de recurso O equipo de traballo de Resolve Enerxía, S.L. posúe as ferramentas e a experiencia necesaria para o desenvolvemento de estudos de recurso eólico, solar e biomasa, entre outros.

O estudo de recurso eólico realízase mediante a utilización do software denominado WAsP 9 e dos datos obtidos de torres de medición reais correlacionados coas predicións de vento obtidas por modelos meteorolóxicos contrastados no mercado.

Resolve Enerxía, S.L. realizou traballos para importantes promotores eólicos, determinando o recurso eólico e maximizando a produción.

Estudos de recurso Os estudos de recurso de biomasa realízanse mediante a avaliación de diferentes fontes de información cartográfica e alfanumérica, coas que se determinan os usos e especies incluídas na área de estudo e o potencial para o aproveitamento de cultivos enerxéticos. Unha vez coñecida a distribución espacial dos diferentes cultivos e especies forestais, aplícase un índice de residuos específico para cada unha, co fin de calcular a produción potencial de residuos. A asociación destes residuos de biomasa co poder calorífico determina o potencial total da zona estudada, e a súa viabilidade económica considerando o custo de extracción e transporte.


Para a avaliación do recurso fotovoltaico empréganse modelos e datos meteorolóxicos existentes no mercado, analizando cada caso por separado para asignarlle o sistema de captación máis eficiente.