Enxeñería
Enxeñería Resolve Enerxía, S.L. é unha empresa de servizos profesionais de enxeñería, avalada pola experiencia do seu equipo multidisciplinar.

O ámbito de actuación principal da empresa é o sector enerxético, con experiencia en proxectos eólicos, coxeracións, eficiencia enerxética, instalacións, etc...

A experiencia que acredita o equipo que forma Resolve Enerxía, S.L. permite optimizar o deseño dos proxectos tendo en conta os criterios definidos polo cliente en materia financeira, técnica, de seguridade, ambiental e estética.

A cobertura de servizos que proporciona a nosa compañía abrangue dende proxectos de enxeñería básica ata enxeñería de detalle, ofrecendo a posibilidade dunha xestión integral do proxecto (Project management) ou dirección de obras.